O Slalom Eshor Fene celebraráse o sábado 26 de setembro

O Slalom Eshor Fene celebraráse o sábado 26 de setembro

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Slalom Eshor Fene é unha proba de referencia en toda Galicia, segundo o secretario da escudería Scracht Fene Edgar Vigo. A entidade presenta este sábado os pilotos e os vehiculos cos que competirá esta tempada.

A presentación celebraráse o vindeiro sábado 28 de marzo a partires das 21:00 horas no paseo de San Valentín. Participarán máis de 15 equipos con coches de tódalas disciplinas automobilísticas nas que Scratch Fene ten presenza. Pilotos de Pontevedra coma Hugo Eiriz e Dani Álvarez, Manuel Redondo (cun Fiat Punto S2000 que representa o máximo nivel en vehículos de competición), Fernando e Javier Piñeiro (excampión galego de ralis), de Culleredo coma Rubén García Naya “Nayen” ou Sergio Sanchez Pardo, cós seus Peugeot 205 Rallye. Tamén acudirán outros moitos experimentados pilotos da nosa comarca coma Édgar Vigo e Fátima Ameneiro (1ª campiona galega do trofeo de damas de montaña-Honda Civic), Borja Ardá (no Seat Ibiza-coche escola-campión galego da clase I en slalom), Diego López (Renault Supercinco), Máximo Pita e Roberto Carlos “Roy” (Fiat Cincuecento), Brandán Mascaró (Opel Corsa GSI) e Juanjo Meizoso (Citroën Saxo VTS). Presentaránse igualmente Santiago Pena e Benito Varela (Citroën AX Sport), Alberto Bermúdez (Peugeot 205) e debutantes este ano da man de Scratch Fene coma Manel Painceiras e Félix Marta (Peugeot 205 GTI), Francisco Martínez “Pachi” e Bárbara Sedes (Opel Astra) , Daniel Sueiras (Ford Fiesta MKI) e Jairo Sanchez (Ford Sierra). Todos configuran un elenco de figuras importantísimo do automobilismo galego. O espectáculo ademáis, contará coa presentación en sociedade do novo furgón có que Scratch Fene fará as asistencias en carreira nas vindeiras probas do campionato galego, sendo estas asistencias un dos puntos fortes que están atraendo cada día a máis pilotos.

 

Ademais da presentación deste sábado, a escudería prepara tamén a macro festa do motor que se celebrará o sábado 2 de maio na Sociedade O Pote de Maniños en Fene. Asimesmo marcaron xa para o sábado 26 de setembro o V Slalom Eshor Fene. Nas catro edicións preferentes logrouse organizar unha proba referente en Galicia,  segundo o secretario da escudería Edgar Vigo.

Deportes