O SLG advirte de que as inspeccións poden determinar a contía final das axudas da PAC

O SLG advirte de que as inspeccións poden determinar a contía final das axudas da PAC

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Sindicato Labrego Galego desenrolou hoxe unha Xornada Técnico-Sindical en Vilalba onde informou aos gandeiros chairegos sobre as novidades existentes na Política Agraria Común (PAC) para este ano 2010. Unha das principais novas será a subida das modulacións actuais, que é a porcentaxe que se desconta da axuda a partir de 5.500 euros,  ata un 8% e nun punto anual ata o 2013, cando acadarán o 11%. A organización agraria informou ademais da desapar

Xavier Gómez Santiso, coordinador de Sectores gandeiros do SLG, indicou que no sector de carne de vacún non había novidades que afectasen aos produtores, xa que o chequeo médico no referente ás vacas nodrizas segue coas mesmas condicións que ata o momento, tendo garantidos os dereitos por cada res deste tipo de 200 euros por ano ata o 2013, é dicir, 600 € para os próximos 3 anos.

Onde si hai un novo escenario, segundo dixo Gómez Santiso, foi no tocante ás axudas da PAC ao sector lácteo. Ademais da prima por calidade, que achega un céntimo por litro de leite de cota producida, tanto se se trata da propia como da arrendada; a Unión Europea dará unha prima por explotación de leite en zonas vulnerables.

Estas últimas axudas poden ser solicitadas polos produtores lácteos que teñan unha granxa nas zonas posuidoras da consideración de desfavorecidas ou de montaña, algo que cumpren aquelas situadas na Terra Chá. Ademais, dentro desta liña de axudas tamén se incluirá as que se concedan ás explotacións de base territorial de mais de 0,40 hectáreas de superficie para forraxe. O montante total será de 40 millóns de euros, dos que 26.400.000 euros serán para as dúas primeiras (a partes iguais de 13,8 millóns) e 12.400.000 para as terceiras. Así, unha explotación que estea nunha zona desfavorecida poderá solicitar unha axuda da PAC por este motivo, á que lle poderá sumar outra por posuír un terreo dedicado a forraxe de 0,40 ou mais has. e menos de 0,50 de carga gandeira.

O representante do SLG tamén informou de que estas axudas teñen unha modulación, xa que se lle outorgará o importe completo para as 40 primeiras vacas, caendo ata o 80% nas restantes ata chegar a un número de cen, que é o límite de reses establecido. Para as de superficie forraxeira, a modulación sitúase nun 70% para o número de vacas que supere as 40 e non sexa superior a 100.

En canto ás primas por sacrificio, os gandeiros poderán solicitar dúas axudas, a de xatos de ata 8 meses, con 45,5 euros por cabeza; e a de adultos, de 26,40€. As vacas deben levar un mínimo de dous meses na explotación, dos que non contará o último. Sen embargo, Gómez Santiso puntualizou que a cantidade a percibir pode ser menor, xa que o montante total debe ser dividido polo número de solicitudes presentadas.

A organización agraria tamén advertiu dos condicionantes existentes para poder percibir a PAC. Os propietarios das explotacións poderían soportar inspeccións que determinen se cumpren con determinadas obrigas que se dividen en cinco liñas.

Unha primeira sería a valoración do respecto ao medio ambiente na explotación, como sería a protección da área ou o non emprego de lodos de depuradora. A segunda sería a liña de saúde pública e fitosanitaria, na que se incluiría a correcta identificación dos animais, a prohibición de emprego de hormonas no gando, a plasmación da utilización dos tratamentos fitosanitarios ou mesmo ter o carné de manipulador de alimentos. As a liñas restantes a cumprir serían a normativa sobre o benestar dos animais, as boas condicións agrarias e ambientais e as da sala e o local onde se muxe.

“Os gandeiros deberán ter moito coidado co respecto ás normativas e ter en regra toda a documentación neste tipo de cuestións. É importante que non haxa ningunha incongruencia entre o que reflicte a documentación presentada e o que os inspectores atopen na explotación. Canto menor sexa o número de incidencias mellor, porque estas poden determinar a contía final das axudas”, estableceu Xavier Gómez.

“As reunións sobre a PAC marcarán o futuro do sector”

Desde o SLG tamén se fixo unha valoración sobre as actuais negociacións existentes para o período 2013-2015 da PAC. A encargada de tomar a palabra nesta cuestión foi Lupe Prado, representante do sector leiteiro desta organización agraria.

Prado cualificou o momento como “histórico”, posto que ás diferentes posicións existentes dentro da negociación habería que sumar “a presidencia española da UE”, polo que “as distintas reunións poden marcar o futuro do sector para os próximos anos”.

A membro do SLG tamén aproveitou a ocasión para pedir “ás autoridades” unha maior implicación no control da produción, e que esta “se equipare ao consumo”. Ademais, tamén incidiu na importancia de conseguir “unha política de prezos que sexa asumible e que non leve ás explotacións á ruína”, así como unha maior “presión ante as autoridades para que impidan o incumprimento dos contratos e as ameazas por parte da industria”.

Sociedade