O SLG de Ordes enxalza a traxectoria de Lidia Senra na súa tradicional romaría

O SLG de Ordes enxalza a traxectoria de Lidia Senra na súa tradicional romaría

31 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes está a celebrar este mércores, 31 de agosto, a novena Romaría “Por un mundo rural vivo”. O evento comezaba ao mediodía nun lugar de especial simbolismo para o SLG, o entorno da igrexa de Pontoxo, na parroquia das Encrobas, en Cerceda. O motivo, a presentación nesta edición do libro de Tareixa Ledo Regal “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, publicado por E

Como todos os anos, haberá un xantar compartido con produtos labregos que levarán e partillarán os asistentes, a partir das dúas da tarde; ademais de queimada, xogos, música, algunha que outra sorpresa e moitas reivindicacións.

O Sindicato Labrego Galego tamén nos convida este domingo, 4 de setembro, a pasarnos polo mercado labrego que situarán na Alameda de Compostela a partir das dez e media da mañá. Alí, os agricultores galegos venderán os seus produtos directamente ao consumidor, garantindo a súa procedencia, calidade e a moi bos prezos.

Sociedade