O SLG rexeita un suposto preacordo sobre o prezo mínimo

O SLG rexeita un suposto preacordo sobre o prezo mínimo

16 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Sindicato Labrego Galego (SLG) manterá a convocatoria da manifestación do sector leiteiro de mañá en Amio, a pesar do anuncio dun preacordo esbozado no día de hoxe en Madrid no que se establecería un prezo para o leite que tomaría como referencia “o prezo francés”,

Para a organización agraria é necesario que “un acordo de prezo válido cubra os custes de produción e remunere o noso traballo”. Tamén pediron a participación dos gandeiros nas negociacións, xa que “calquera acordo de prezo ten que ser consultado ás gandeiras e gandeiros”.

 

 

Outra das reclamacións do sindicato para aceptar o suposto acordo de prezo mínimo sería “unha modificación normativa das actuais políticas agrarias europeas, tal e como se acordou por resolución unánime de todos os grupos parlamentarios no Parlamento do Estado o pasado 29 de abril, instando  ao Goberno do Estado a defender dita resolución”.

 

Por último, desde o SLG tamén reclaman unha muda na política leiteira europea “en aras do mantemento do control e redución da produción, redistribuíndo a cota nas explotacións europeas baixo criterios sociais”.

Sociedade