ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un mes leva aberto o bar Candajo 103. O nome procede dunha anécdota familiar.
Ingrid Cendán é a moza que abriu as portas do bar “ Candajo 103” na Solana en Barallobre. Tratase do antigo bar “La esquina” ou o coñecido popularmente como bar de Alvarito. Despois de levar pechado unha temporada e da súa reforma, agora é un bar máis luminoso, pintado en branco, con novo e moderno mobiliario, e a súa terraza onde ás mañás da o sol. O nome débese a unha anécdota familiar segundo nos contou a súa actual propietaria. Ingrid soñaba con ter o seu propio bar e agora fixoo realidade. No primeiro mes que leva aberto está contenta coa acollida entre o vecindario.
Hai que ter en conta que a parte baixa da parroquia de Barallobre estaba sen servizo de hostelería ningún. Candajo abre todos os dias agás o domingo á tarde que pecha por descanso. Amais dun bo café, Ingrid sirve ricos pinchos coas consumicións. Os clientes presentes cando visitamos o bar, confirmaron que así é. Dí un refrán chino: “Se non sabes sorrir, non poñas tenda”. Ingrid recibeche cun sorriso, así que seguro lle irá ben. Sorte.
Publica o teu comentario agora