O solfexo, o obradoiro con maior demanda

O solfexo, o obradoiro con maior demanda

16 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As escolas culturais de Fene botan a andar. Nesta xornada comeza o obradoiro de informática no CPI da Xunqueira de San Valentín, o de teatro no Colexio de centieiras de Perlío e o obradoiro literario na Casa da Cultura de Fene.  Os de circo, radio e reciclaxe non se levarán a cabo por falla de matriculados.

Tras o inicio do curso de guitarra onte xoves no Colexio A xunqueira con catro grupos de cinco alumnos/as, hoxe comezan tres obradoiros máis. Ás seis menos cuarto principia o obradorio de informática na Xunqueira con seis matriculados. 

Tamén arrincan hoxe o de teatro en Centieiras de catro a seis da tarde con dez alumnos. 12 persoas inagurarán este venres, ás cinco o obradoiro literario na Casa da Cultura.

O vindeiro luns 19 de outubro iniciánse tres talleres máis. O de informática e de labores e abalorios (xogarte)  ás catro en Centieiras con 15 e 13 alumnos respectivamente. O terceiro que se estrea o luns é o de solfexo e piano ás cinco con 34 matriculados. O obradoiro con maior demanda de todos. Segundo explicou en Radiofusión a profesora do taller, Cristina Tucelli, a boa acollida desta actividade débese, entroutras cousas, á ampliación do límite de idades dos participantes.

Sociedade