O sono reparador

O mal despertar ten que ver probablemente co mal dormir.
22 de Xaneiro, 2020 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

Non dormir co móbil ou a tablet ao noso lado é unha das recomendacións máis acuciantes diante dun mal sono. Levantarse con calma e disfrutar o almorzo combate o mal humor.

ESCOITA O PODCAST:

Hai trucos e hábitos para cambiar o mal humor matutino. Para ter mellores mañás os psicólogos propoñen unhas cantas medidas que van nesa dirección. Falamos hoxe en Vilanova, espazo da Fenestra de Radio Fene, dos “riscos do insomnio crónico”, do bo dormir, do sono reparador e do mal despertar.

Como todos os malos hábitos, hai que correxilos. O psicólogo José Barcia cita entre os novos hábitos o dormir pegados ao teléfono móbil, pendentes do que nos chega. Nisto é radical.

Para dormir ben está contraindicado levar o traballo á cama e se recomenda ter o cuarto á temperatura indicada, sen ruídos, ás escuras e ordenado. Hai persoas que, como consecuencia dos maos hábitos, teñen un mal despertar. Aquí hai que preguntarse se durmiron ben, cantas horas, se se deitaron cos problemas na cabeza. Barcia recomenda ao despertar, uns cantos hábitos: facelo con calma, disfrutar do almorzo e quizás facer algún exercicio.

Sociedade

Publica o teu comentario agora