O Supremo ordena reabrir o caso de José Couso

O Supremo ordena reabrir o caso de José Couso

06 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Tribunal Supremo ordenou á Audiencia Nacional a reapertura da investigación pola morte en Iraq do xornalista de Telecinco José Couso por disparos dun tanque norteamericano. Así o acordou a sala do penal do Supremo que, por unanimidade, estimou o recurso interposto pola familia do cámara contra a decisión da Audiencia de ditar o sobresemento das actuacións. Segundo o escritor José Luís Sampedro no prólogo do libro La mirada inc&o

Hai un ano, a Audiencia Nacional revogara o procesamiento dos tres militares de EEUU implicados na morte de José Couso en Bagdad o 8 de abril de 2003 e ordenara ao xuíz Santiago Pedraz que concluíse o sumario e o elevase á Sala do Penal para acordar o arquivo.

Os maxistrados Joaquín Jiménez, Perfecto Andrés Ibáñez, Manuel Marchena, Diego Ramos e Francisco Monterde revogaron este auto, o que supón que o caso será devolto á Audiencia Nacional.

O relator da sentenza, que se coñecerá nos próximos días e da que se fixo público unicamente o fallo, é o maxistrado Francisco Monterde.

"Que o Fiscal Xeral do Estado traballe"

O seu irmán e portavoz da familia, Javier Couso, que se enterou da noticia a través de RNE, declarou á radio pública que se atopan "moi contentos e aliviados" pola decisión "non só como cidadáns deste país, senón como defensores da liberdade".

Javier Couso lembrou que esta é a segunda vez que o Tribunal Supremo reabre o caso. "Tiñamos a convicción de que fose así", recoñeceu Javier, quen criticou con dureza que "haxa determinados maxistrados que dedican a facer política e non a aplicar o dereito".

O irmán de José Couso atacou duramente a Cándido Conde-Pumpido, a quen acusou de "torpedear" a investigación. "Esiximos que o Fiscal Xeral do Estado traballe e que nin el nin o Goberno de España torpedeen máis a investigación", subliñou. É unha desgraza que este Goberno e o anterior torpedeen a Xustiza", sinalou Javier Couso.

Sociedade