O surrealismo de Mihura e a crítica da vida de Álvaro de la Iglesia

O surrealismo de Mihura e a crítica da vida de Álvaro de la Iglesia

06 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O surrealismo de Miguel Mihura variou ao facerse cargo da dirección de “La Codorniz” Alvaro de la Iglesia. Afirmao así Xaquín Marín, ao cumprirse os 70 anos do nacemento da que se subtitulaba como “la revista más audaz para el lector más inteligente”. Marín colaborou coa publicación nos últimos anos da súa existencia, xa na década dos setenta."Que colabore su tía que sabe el

“La Codorniz” foi una publicación mítica que creou escola co seu humor surrealista, absurdo, irónico e desconcertante. Convertiuse en viveiro de periodistas e debuxantes con moito inxenio. Outro dos homes clave de “La Codorniz”, Chumy Chumez falaba en Radio Fene en 1986, das eleccións e das campañas electorais. Dicia que aos candidatos só lles valen os grandes medios, as televisións, a radio e a prensa. “Imos aos barrios e ás vilas e só nos van escoitar os xa convencidos.” dicíalle un candidato a Chumy Chumez. Coincidindo co 70 aniversario do nacemento de La Codorniz ven de editarse unha antoloxia con prólogo de Antonio Mingote e epílogo de Chumy Chúmez.

Cultura