O surtidor de combustible de Curuxeiras xa presta servizo a un cento de embarcacións

O surtidor de combustible de Curuxeiras xa presta servizo a un cento de embarcacións

21 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente do Partido Popular de Ferrol e candidato á Alcaldía, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá co patrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, José Luis Estévez, para visitar o novo surtidor de combustible subvencionado, instalado na dársena de Curuxeiras. O depósito, que entraba en funcionamento hai unhas semanas, é o resultado das intensas xestións realizadas polo líder dos populares ferro

Rey Varela explicou que a iniciativa é froito da solicitude que lle trasladaba Estévez no transcurso dun encontro que ambos mantiñan hai uns meses. Nesa xuntanza, o patrón maior manifestaba ao presidente popular a necesidade de que as tres confrarías que operan na ría (Ferrol, Barallobre e Mugardos) puidesen contar cun elemento destas características no muelle ferrolán do que se puideran servir todas aquelas embarcacións que o solicitasen previamente. A iniciativa inclúe tamén un abaratamento importante do custe do produto. Neste senso, o líder popular subliñou o peso que o sector marisqueiro ten na economía de Ferrol e comarca “por lo que todas cuantas iniciativas permitan mejorar su competitividad merecen un esfuerzo”, declarou.    

O novo surtidor ten capacidade para albergar ata 10.000 litros de combustible. Concretamente, de gasolina 95. O servizo inclúe unha bonificación sobre el prezo do produto de aproximadamente o 50%, xa  que ao prezo de mercado habería que restar a porcentaxe que se abona en concepto de IIEE e IVA. Na práctica isto supón que o beneficiario deste servizo paga 0,677 euros por cada litro. Rey Varela sinalou que poderán facer uso do surtidor, previa solicitude, os propietarios de embarcacións listas, 3º, 4º e 5º destinados a usos distintos ao da navegación de recreo. “ El número de altas supera ya el centenar”, indicou.

Sociedade