O talento fóra de serie de Miguel Lamas na batería

O talento fóra de serie de Miguel Lamas na batería

04 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aos 4 anos comezou a tocar a batería. Un ano despois ingresou na Escola da Vaca da man do profesor Manolo Pérez. Con 6 anos fixo a súa primeira actuación en público. Falamos de Miguel Lamas, batería de Fene nacido en 1993, e que xa chegou a despuntar como un dos baterías máis destacados do Estado. As súas máns, o seu talento fóra de serie, logra o prodixio de sacar sons totalmente sorpresivos de calquera instrumento de percusi&oacu

Miguel Lamas ensina batería na escola de música BellónMaceiras en Perlío (Fene A Coruña). As principais marcas internacionais de baterías (DW, Evans e Zildjian) confian nel e o patrocinan con accións denominadas "endorsement". Conta con moitos proxectos pero de momento continuará coas presentacións do disco "Folkfusión" grabado co BellónMaceiras Quinteto.

Cultura