O tempo de espera nas listas do Sergas aumenta catro días respecto a 2009

O tempo de espera nas listas do Sergas aumenta catro días respecto a 2009

14 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As intencións son boas, pero os datos resultan teimudos. O tempo de espera medio para unha intervención cirúrxica no Servizo Galego de Saúde durante o segundo trimestre do ano reduciuse en seis días respecto ao mes de xaneiro, pero aumentou en catro en relación a 2009, situándose en 71 días. Dende a Consellaría de Sanidade prefírese facer fincapé na mellora da priorización dos pacientes de categoría 1, aqueles con pat

Si resultan mellores os datos referidos ás primeiras consultas. Dende que o paciente demanda a atención sanitaria ata que é recibido polo médico, cómpre agardar máis de dous meses, un total de 61 días. Con todo, son 3 días menos que no anterior trimestre. Facerse unha proba clínica supón agardar 76 días, once menos que a principios de ano.

Durante a presentación destas estatísticas, a xerente do Sergas, Rocío Mosquera Álvarez, declarou que “nunca estará satisfeita” mentres haxa un só paciente en lista de espera. Aproveitou para gabar “o esforzos dos profesionais médicos”, aos que lle atribuiu o crecemento do rendemento cirúrxico, índice que sitúa no 73,4 por cento. Porén, Mosquera preferiu aproveitar o tempo para falar dos bos propósitos da Xunta arredor das listas de espera e avanzou a intención de acelerar o proceso de consultas, establecendo vías rápidas de atención para aquelas doenzas máis perigosas, como os cancros de pulmón, próstata ou mama.

Institucional