O temporal azouta a costa da Coruña e Lugo

O temporal azouta a costa da Coruña e Lugo

09 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Entre as 5,30 e as 6 desta mañá o vento soplou coincidindo coa pleamar (5,45h.) nas zonas costeiras das provincias da Coruña e Lugo. O mar petou con forza e derrubou arredor de 100 metros do paseo marítimo da Coruña, e provocou tamén destrozos en San Cibrao (Cervo Lugo). En Cariño o mar levou aparellos e derrubou farolas e bancos no paseo marítimo. Un pescador foi dado por desaparecido na zona de Baldaio en Carballo.

O vento levou arredor de 80 metros de espigón en Cariño. En Cedeira, un dos barcos amarrados soltouse e houbo que ir buscalo ao medio da ría. Son algunha das consecuencias do temporal ao paso pola costa. As rafas de vento soplaron con forza en Ferrolterra sobre todo entre as 5,30 e as 6 desta madrugada.  A pesar da adversidade non se registraron incidentes de importancia. Segundo fontes dos bombeiros de Ferrol, nas ultimas horas producíronse anegamentos en diferentes puntos da cidade, pólas de árbores caídas e desprendemento de canalons en dous edificios, pero sen consecuencias para as persoas.

Desaparecido en Baldaio

Un home e o seu compañeiro sairon a pescar na noite de onte, desaparecendo arredor das 23 horas por un golpe de mar. Patrullas da Garda Civil e de Protección Civil patrullan dende que o outro pescador deu a voz de alarma. 

 

Paseo marítimo cortado na Coruña

No barrio de San Roque e na zona do Colexio das Escravas o paseo peonil permanece cortado esta mañá. Na parte baixa do Milenium, o mar con forza inusitada arrastrou esta madrugada grandes rochedos.

 

Sociedade