O Torrente Ballester amósanos a Juan Farias

O Torrente Ballester amósanos a Juan Farias

14 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concellería de Educación de Ferrol  vén de organizar unha mostra de carácter didáctico sobre o escritor de Serantes, Juan Farias. Unha actividade que os colexios e o público en xeral poderá visitar no Centro Torrente Ballester a partir de mañá xoves e ata o día 11 de novembro. A exposición leva por título “Juan Farias. Un mar de palabras e de imaxes sobre o escritor e ferrolán universal” e form

A concelleira, Susana Martinez Galdós, explicaba hoxe en rolda de prensa que a mostra ofrece un percorrido pola vida e obra deste ilustre escritor falecido o pasado mes de xuño en Madrid a través de vinte paneis explicativos e 51 ilustracións.

Aínda que escribiu tanto para adultos como para mozos e nenos, foi neste último xénero onde sen dúbida tivo un maior recoñecemento. Así, en 1980 Farias resultaba distinguido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola obra “Algunos niños, tres perros y más cosas” e en 2005 se faría tamén co I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil. Tamén sería finalista do Premio Nadal en 1963 con “Los buscadores de agua”.

Martinez Galdós salientou da figura de Juan Farias a súa “marcada personalidade e seu afán de viaxar que se reflicte nos seus libros”. Ao respecto, a responsable de Educación do Concello lembrou que este ansia por viaxar levou ao ilustre escritor ferrolán a dar tres voltas ao mundo a bordo del Juan Sebastián Elcano.

Sociedade