O traballo en sábados debe ser voluntario, segundo o comité de Navantia

O traballo en sábados debe ser voluntario, segundo o comité de Navantia

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O traballo en sábados debe ter carácter voluntario, excepto nas circunstancias reguladas pola lei, afirma o comité de empresa de Navantia Ferrol. Os sindicalistas protestan polas xornadas excesivas e polas pretensións de vulnerar os descansos obrigatorios. A súa demanda orixínase por unha nota remitida desde a xefatura de aprovisionamentos ás empresas auxiliares.

A empresa reclama a maior presenza de traballadores os  sábados, co obxectivo de saturar todo o horario dispoñible. Na nota se indica que no LHD, o buque que Navantia construie para Australia, traballan na actualidade de luns a venres arredor de 900 persoas da industria auxiliar. Os sábados acuden menos de 500 persoas, polo que a xefatura da industria auxiliar indica que non é momento de economizar recursos nin de escatimar esforzos para conseguir os obxectivos marcados para a entrega do buque. Recórdase ademais a inminente saida a probas de mar do LHD.

Sociedade