O trad, La Musgaña e Airiños de Fene

O trad, La Musgaña e Airiños de Fene
25 de Outubro, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

El Diablo Cojuelo foi en 1988 o primeiro disco de La Musgaña, música folk centrada na tradición da meseta pero fuxindo do esquema de rondalla. La Musgaña participará este ano na Xuntanza de Gaiteiros organizada por Airiños de Fene o sábado dous de novembro (19,30h. Sociedade Agarimo de Sillobre. Fene)

ESCOITA O PODCAST:
Valentín García Modrón preside a banda de gaitas Airiños de Fene

Forman na actualidade o grupo, Jaime Muñoz, Carlos Beceiro, Luis Antonio Pedraza, Sebastián Rubio, Antonio Toledo e Marta de la Aldea. Tocan clarinetes, frautas, gaitas de Alistre e Sanabria, zanfona, guitarra, tamboril e cistro.
Memorial Ramiro Couce
A Xuntanza de Gaiteiros chega un ano máis a Fene. Trinta e unha edicións do Memorial Ramiro Couce. Celebrarase o sábado dous de novembro ás sete e media da tarde na Sociedade Agarimo de Sillobre.  Desde 1988, a banda de gaitas Airiños de Fene organiza a Xuntanza, un momento de reivindicación da música trad. Recoñecemos o seu traballo e tamén nos sumamos a esa homenaxe á música de raíz.

Sociedade

Publica o teu comentario agora