O transporte especial de Nadal comeza a funcionar en Ferrol

O transporte especial de Nadal comeza a funcionar en Ferrol

15 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene
O vindeiro sábado día 19 comenzará a funcionar o servicio gratuito de transporte en autobús que o Concello de Ferrol pon en marcha tódolos anos para evitar os colapsos de tráfico nos accesoa á cidade e facilitar o estacionamento dos vehículos fora da mesma. Os autobuses sairán da Praza de Galicia, tódolos días laborables, en horario de mañá e tarde, ata o día 7 de xaneiro, e finalizarán o percorrido
O concelleiro de Transporte Público, Gerardo Castrillón fixo hoxe un chamamento á cidadanía para que utilicen este sistema de transporte alternativo e eviten os desprazamentos ao centro en coches particulares. Para este fin diseñouse esta rede de transporte que comunica as zonas de estacionamento co barrio da Magdalena.
O dispositivo especial de Nadal fará un servicio de ida e volta, con saídas cada cuarto de hora. O prmeiro dos autobuses circulará ás dez da mañá, dende Correos á Feira de Mostras e o último servicio sairá ás 20:45 da Malata. 
As cifras de ocupación do pasao ano están aínda moi por debaixo das espectativas do concello polo que as autoridades municipais insisten na necesidade de esquecer acceder ás rúas comerciais en vehículos particulares. O pasado ano só 750 persoas utilizaron o transporte alternativo ofertado polo concello.
 
O concelleiro de Transporte anunciou tamén a posta en marcha, nos vindeiros días do dispositivo especial de tráfico da Policía Local, que ampliará as zonas de aparcamento aos espacios que habitualmente se están utilizando cando a afluencia de coches aumenta: o campo de Batallóns e o aparcadoiro do cuartel Sánchez Aguilera. 
Sociedade