O traxe galego amosase nos escaparates de Ferrol

O traxe galego amosase nos escaparates de Ferrol

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

¿Quen dixo que Ferrol é a cidade menos galega? Os comercios do centro histórico de Ferrol acollen nos seus escaparates a Mostra do Traxe Galego, unha iniciativa froito da colaboración entre Concello, Centro Comercial Aberto A Magdalena-ACOF e asociación folclórica e cultural Terra Meiga. A mostra, que esta mañá visitaban o alcalde, Vicente Irisarri, os concelleiros de Cultura, Mercedes Carbajales, e Participación Cidadá, Manuel Sant

Irisarri apuntou que a mostra constitúe unha magnífica vía para achegar o arte á rúa e aproximarse á historia da nosa terra a través dos traxes, complementos e fotografías que compoñen a exposición. Posible grazas ao traballo de custodia dos traxes que durante os últimos 41 anos leva realizando Terra Meiga. O obxectivo común é revitalizar A Magdalena.
Mercedes Carbajales asegurou que Ferrol merece esta exposición e agradeceu efusivamente a implicación activa dos comerciantes. No nome de Terra Meiga, Basilio Baamonde, destacou a colaboración do Concello para facer visible este anaco da historia de Galicia e puxo en valor o papel dos principais impulsores da exposición, o seu director, Bernardo Díaz Grueiro, e a subdirectora, Mónica Longueira.
 

Un total de 21 locais comerciais do barrio da Magdalena participan nesta mostra cedendo os seus escaparates Trátase dunha selección de traxes, xoias e complementos de finais do século XIX e principios do XX que Terra Meiga foi recollendo polas aldeas a parroquias galegas e incorporando a un fondo propio que conservan no Centro Cultural Carvalho Calero. Pezas únicas, confeccionadas de xeito artesanal e irrepetibles. Circunstancias estas que dificultan o poder cuantificar o valor dos obxectos que forman parte da mostra polas horas de traballo empregadas na súa confección e polo seu valor sentimental, ademáis de histórico. 

É a primeira vez que se organiza unha exposición destas características, aberta ao público e fóra dos espazos tradicionalmente empregados para elo. Un feito que permitirá que se chegue a un público máis amplo e que facilitará á cidadanía ferrolá tomar conciencia do seu pasado.  

Sociedade