ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Artelemos chega á súa XV edición, convertindose nunha das feiras de artesanía e de venda directa de maior relevancia de Galicia. Permanecerá aberta ata o martes 10 de agosto incrementando a atracción turística e a actividade económica da zona.
A feira celébrase na Rúa do Cardeal de Monforte de Lemos, en horario de 11.00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. Dos 30 artesáns que participan nesta XV edición tan só tres proceden de fóra de Galicia: Cuc de Seda, de Tarragona, que realiza pintura sobre seda, o obradoiro asturiano Fibras de Agua, dedicado á elaboración e transformación de papel, e mais Alfarería Migonli, olería tradicional procedente da Bañeza. Os artesáns galegos que participan están especializados en diversos oficios, coma o téxtil, a xoiería, o coiro, a serigrafía, o vidro, a cerámica ou a madeira, o que permitirá presentarlle unha oferta ampla e variada ao público que visite a feira.
Os profesionais galegos participantes son En Lá, De Vidro, Sesé Vila, La Pluma, Silvereira, O Sapo Chosco, Lacrimae Mosa, Roberto Fernández, Xoguetes Trebello, Xakarandá, Logaro, Plata Nativa, E. Ferro, Taller Viola, Rosa Higuero, Cabuxa, A Xente das Cores, CG Cristal Reciclado, Victoria Sancosmed, Melandrainas, Rosa Méndez, Arela, Pachamama, Mar Océana, Kosmic Kristal, Pintura Naturista e Elías de Gundivós.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño conta entre os seus obxectivos co impulso á exhibición e á divulgación do produto artesán galego entre a sociedade. Por este motivo, apoia a celebración de feiras de venda directa e diferentes eventos de promoción da artesanía, realizadas por iniciativa de concellos e de asociacións profesionais de artesáns, como é o caso da Fundación Comarcal Terra de Lemos, que cada ano se encarga de organizar esta feira.