O tren que me leva

O tren que me leva
25 de Maio, 2020 - 01:08 h. | Publicada por

Andrés Dobarro e Peret no obradoiro Máis Memoria desta semana. Participaron, Aurora González e Idalia Regueiro.  

ESCOITA O PODCAST:

Aurora González e Idalia Regueiro foron as dúas participantes no Obradoiro Máis Memoria dos Servizos Sociais de Fene, esta semana. A primeira acertou as canción propostas, arrancándose a cantar "O tren" de Andrés Dobarro e a " Lágrima" de Peret. Mentres, Idalia acertou a maioría dos vocablos propostos polo psicólogo e monitor do obradoiro, Jaime Lendoiro. Este deixounos un reto para facer durante a semana na casa; buscar un texto breve e contar as palabras que rematen en “a”. Aurora González desvalou que Andrés Dobarro era curmán do seu padriño e que o coñeceu en persoa. Ou que a súa foi unha das vodas que se celebraron na sala Perla de Perlío, que ela visitou máis veces, cando viña de vacacións desde Venezuela. Para Aurora o confinamento pola alarma sanitaria foi cousa leve porque xa pasara outro confinamento de oito meses, a causa dun accidente de tráfico.

Idalia lembrou os tempos do cine en Mugardos, cando veu no Rex “El pequeño ruiseñor” con Joselito. De momento emprazáronnos para a vinderia semana porque, segundo a coordinadora destes obradoiros de memoria María Xosé Paz, ata despois do verán non poderán reunirse de xeito presencial. 

Institucional

Publica o teu comentario agora