O turismo rural na procura de tesouros

O turismo rural na procura de tesouros

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Na teima de atraer clientes varias casas rurais pertencentes á Federación Galega de Turismo (FEGATUR) están a introducir o xogo do «geocaching». Metade xogo, metade deporte, aventura, investigación e natureza a actividade consiste na búsqueda dun tesouro, que non ten que ser un obxecto material ou de valor. A través deste programa os visitantes, sós, en grupos ou en familia poderán coñecer rincóns inéditos nas ruta

Varios aloxamentos rurais pertencentes a FEGATUR, levarán a cabo ata o 31 de decembro, un novo programa“Geocaching no Turismo Rural”. Os turistas recibirán instruccións para atopar o  "cache" agochados polos propietarios dos establecementos coa axuda dun GPS. O cache, sistema especial de almacenamento de alta velocidade, contén un cuaderno de bitácora e algún obxecto relacionado coa zona. Neste particular xogo pode existir o suxeito pasivo que dá pistas sobre o tesouro. Os outros  suxeitos, visitantes, turistas ou xogadores que pasen uns días netas casa rurais poden utilizar o GPS, as pistas ou outros recursos para poder descubrir o alixo. Cada establecemento pode ofertar ata tres tesouros. Poden ser rincóns naturais ou enclaves pouco coñecidos especialmente atractivos e pouco coñecidos incluso para os nativos ou residentes da zona. O programa inclúe a aportación de abundante material  promocional e informativo sobre a natureza e o patrimonio máis cercanos ás casas rurais. No apartado final sortearanse uns premios aínda por determinar.

O «geocaching» é popular en medio mundo grazas a Internet que ofrece ampla información e detalles para poder sumarse á comunidade de ususarios.

Sociedade