O Unidade de Fene empeza a Primeira B de fútbol sala contra o Bueu

O Unidade de Fene empeza a Primeira B de fútbol sala contra o Bueu

31 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O equipo da Primeira Nacional B de fútbol sala do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene comeza a campaña ligueira o vindeiro 19 de setembro. No primeiro encontro de liga enfrontaránse contra o Bueu. Un choque que se presenta complicado para os feneses á vista dos partidos disputados contra os do Morrazo a pasada campaña, segundo o vicepresidente da entidade, Fernando Rocamonde.

O plantel de fútbol sala do C.M.I. de Fene adestrado por Julio Sabín principia a temporada con bo ánimo. O domingo 19 de setembro inauguran a Liga cun rival difícil e complicado que xa lles deu algún quebradeiro de cabeza aos de Sabín na pasada temporada.

O conxunto reforzouse con dúas novas incorporacións, Peque do Narón que xa militou no clube de San Paio e Dani de San Valentín. Aínda está en negociacións a fichaxe dun novo xogador, informou Rocamonde. Hai dúas semanas que comezaron a prepararse cara a nova campaña 2009-2010. Desputaron un amigable contra o Parrulo e están pendentes doutro encontro amistoso, aínda sen concretar co Troula de Betanzos. Os feneses saen con espiríto deportivo, a gozar e manterse na categoría.

O Círculo Mercantil e industrial Unidade de Fene tamén conta cunha Escola Deportiva de Fútbol que comeza no mes de outubro. Unha escola na que moitos nenos feneses adestran e xogan cunha especialidade deportiva especialmente cómoda en zonas de choiva como Galicia. Este ano entre 40 e 50 nenos e nenas entre biberóns, prebenxamíns, benxamíns, alevíns e xuvenís participarán na escola. Os adestramentos realizaránse no Pavillón da Xunqueira de San Valentín. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 10 de setembro.

Deportes