O Unidade de Fene xoga o partido aprazado en Trabada

O Unidade de Fene xoga o partido aprazado en Trabada

25 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Unidade Fene Aginsu Camilo Ares visita este sábado o Concello de Trabada en Lugo para disputar o partido aprazado o pasado 31 de xaneiro. O aviso de temporal impediu daquela que os de Fene se desprazaran ata a localidade da Mariña luguesa. O Trabada ocupa actualmente o séptimo posto da Primeira Nacional B de fútbol sala con 28 puntos. O Fene é 11º con 24.

O preparador físico do Unidade de Fene Manuel Polo indica que unha victoria permitiría ao Aginsu ascender un par de postos na clasificación. Segundo a súa opinión vai ser un partido moi igualado e moi complicado, ainda que os de Fene acuden co optimismo que se desprende da súa victoria a domicilio o pasado sábado en Arzúa por un claro 2 a 7.

Deportes