O Universitario Ferrol saca billete para o play off

O Universitario Ferrol saca billete para o play off

02 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Universitario Ferrol clasificouse para a fase de ascenso á máxima categoria do baloncesto femenino español, tras vencer ao Iniexsa Cáceres 2016 por un tanteo de 78 a 72. A afición encheu as gradas do polideportivo de Esteiro e animou a un equipo que chegou a poñerse 20 puntos por riba das extremeñas. Unha certa relaxación defensiva no último cuarto permitiu ao Cáceres reducir distancias e meter a intranquilidade no corpo das ferro

O Universitario Ferrol superou todas as súas expectativas na presente tempada, sobor de todo tras a lesión sofrida por Laura Audere na primeira volta que mancou as posibilidades do equipo adestrado por Chiqui Barros. Ao descanso as “licenciadas” foronse cunha ventaxa de 8 puntos, nun partido dominado polo Uni pero sen unha distancia que permitise a ledicia clara do público asistente ao encontro. Marta Tudanca con 23 puntos liderou as estatísticas e saiu no quinteto inicial xunto con Toch Sarr (18) Fatou (14) Iria Villar (10) e Raquel Asensio (7). Tamén xogaron Denisa (4) e Marta Diaz-Pache (2). A fase de ascenso xogaráse en Badajoz entre o 14 e o 17 de maio, entre os 8 equipos clasificados nas 4 primeiras posicións da LF 2. De entre eles sairán as 2 formacións que subirán de categoría.

Deportes