O Universitario Ferrol vence con emoción ao Caja Rural Zamora: 99 - 96

O Universitario Ferrol vence con emoción ao Caja Rural Zamora: 99 - 96

10 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Universitario Ferrol amosouse como un equipo ofensivo e equilibrado, cun plantel mellor armado e acertado e dende logo moito máis racional. Xogaron con atrevimento e non permitiron o lucimento dun potente Zamora que demostrou ser un gran conxunto, dirixido con experiencia pola ferrolana Lidia Gesteira. Tras os 5 minutos de prórroga, o electrónico marcou ao remate do partido xogado no pavillón de Esteiro en Ferrol, un 99 - 96.

O Uni soubo defender e atacar e impúxose ao remate por un maior sacrificio defensivo e por pequenos detalles. Cando faltaban 58 segundos para o remate do cuarto cuarto o marcador sinalaba un 78 - 75, cos 2 equipos en bonus (con máis de 4 faltas), Carla Nascimento no banco con 5 faltas e 2 tiros libres para Kate Mills. Ao chegar o reloxio ao 0, o empate a 82 propiciou os 5 minutos de prórroga que finalmente se resolveron a favor das ferroláns. As máximas anotadoras foron Mills (30) Marta Tudanca (28) Miller (19) Carla (13) Laura (6) Miren (2) e María (1). O público que enchía as bancadas de Esteiro volveu gozar neste primeiro partido na casa da Liga Femenina 2 de baloncesto.

Sociedade