O Universitario logra a proeza en Badajoz (57 - 65)

O Universitario logra a proeza en Badajoz (57 - 65)

29 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Universitario Ferrol venceu con autoridade e intelixencia na cancha do lider da Liga Femenina 2 A de baloncesto, o Proffasa Badajoz. As rapazas de Chiqui Barros deron un paso de xigante para quedar ao final da tempada nas catro prazas de play offs. A igualdade pode facer que a clasificación matemática non chegue ata o último dia.

O Universitario de Ferrol acudía a Badajoz coa idea de vencer para asegurar as súas opcións de estar en play offs. Con esta presión, as galegas saíron á cancha a xogar unha final e asoballaron ás pacenses. O Proffasa, pola súa banda, iniciou o partido demasiado relaxado e en só seis minutos perdía de 15 ante as galegas.

Os fallos das xogadoras pacenses, que non estiveron á altura doutros encontros, foron a clave deste declive aínda que sen restar mérito á defensa do Ferrol que se pechou en banda para ser quen de manter a súa vantaxe (11-19).

No segundo cuarto, as pacenses cambiaron o seu defensa a zona e recortaron distancias pero seguían sen acertar nos seus tiros e de feito, só sumaron 23 puntos ao descanso.

Méndez optou por xogar con catro xogadoras pequenas ante a ausencia da pívot Nereida Ramírez, lesionada, e debido ao mal día da americana Jerica Watson que só sumou catro puntos en todo o encontro. Con todo, a táctica pacense non funcionou e o Ferrol foi capaz de impoñer o seu ritmo e manterse nove puntos arriba no descanso.

Trala reanudación, A Granadilla viu outro Proffasa. As pacenses reaccionaron e saíron a remontar. Itziar Germán estivo a piques de protagonizar a fazaña achegando ao seu equipo a só catro puntos do Ferrol. Con todo, a pívot valenciana viu a súa cuarta falta e tivo que regresar ao banco mentres o Universitario volvía apretar ás pacenses.

Os tiros locais non entraban, de feito, non é que o Proffasa non lanzase, intentou sete tiros de campo máis que as visitantes, pero a súa efectividade caeu en picado. O Proffasa asinou un 38% en tiros de dous e un 19% en triplo, unha estatística inaudita nas pacenses esta tempada. Con este lastre, as galegas mantiñan o partido nas súas mans (35-44).

No último cuarto, Méndez intentouno todo. O Proffasa cambiou de defensa en numerosas ocasións e presionó ata os últimos segundos para recuperar a pelota e chegar á canastra rival pero xa era demasiado tarde (57-65).

Deportes