O Universitario visita ao lider

O Universitario visita ao lider

28 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Complicada saída para o Universitario de Ferrol que visita a un sólido líder, o Profassa Badajoz, que non coñece a derrota na súa cancha. As pacenses tan só colleitaron 4 derrotas esta tempada, nas canchas de Pío XII, Arxil, Zamora e Canoe. Sofriron a maior derrota por tan só 8 puntos na cancha do Arxil de Pontevedra (90-82). Na 1ª volta,no Pabellón de Esteiro, as ferrolanas caeron derrotadas por tan só 2 puntos (59-61) nun encontro

O Profassa Badajoz dipone dun sólido plantel aínda que, á hora da verdade, os minutos en cancha son cousa de 7 xogadoras (en Ferrol xogaron só 6). Sobre todas elas, Lorena Infantes é a xogadora máis destacada, a líder: a base do Badajoz anota 9 puntos e captura 5 rebotes pero se se lle neutraliza, o nivel de xogo do Badajoz baixa moitos enteiros. Xunto a ela, a portuguesa Paula Muxiri (17 puntos e 8 rebotes) é a súa principal referencia ofensiva a priori aínda que todas las demais xogadoras promedian en torno aos 10 puntos (a norteamericana Jerica Watson, a 7ª xogadora por minutos xogados, Itziar Germán, Nereida Rodríguez e a chilena Valentina Aragonese) aínda que para este encontro non poderá xogar a pivot Nereida Ramírez, lesionada

O Universitario Ferrol partiu onte venres ao mediodía, tralo adestramento matinal, con absoluta confianza nas súas propias posibilidades, pero cos pés no chan ante a entidade do rival. Non hai novidades no equipo departamental unha vez recuperada Iria Villar dunha intoxicación leve que lle impediu xogar hai sete días en Esteiro.

O traballo preto dos aros (neutralizando a Muxiri e Watson) será determinante pois o seguinte reposto eventual interior (ante a baixa de Nereida Ramírez), Itziar Germán, rebaixa bastantes enteiros o poderío do xogo interior do Badajoz. Iso e controlar o traballo de Lorena Infantes pode dar unha vitoria ao Universitario a pouco que o perímetro das ferrolanas xogue ao seu nivel habitual.

O encontro está fixado para as seis e cuarto desta tarde, no Pabellón da Granadilla, con arbitraxe dos colexiados cataláns David Hernández e Oscar Avilés.

Deportes