O universo infantil, segundo Sandra Sánchez

O universo infantil, segundo Sandra Sánchez
09 de Setembro, 2019 - 12:11 h. | Publicada por Radio Fene

A curtametraxe “A nena azul” participará nas vindeiras semanas nun Festival en Bulgaria que está calificado para os Oscars. Turquía e Escocia foron outros festivais nos que xa participou a película dirixida por Sandra Sánchez.

 

ESCOITA O PODCAST:
Sandra Sánchez

O universo infantil ainda conserva lugares vedados para as persoas adultas, segundo a directora cinematográfica. En “A nena azul” relata as peripecias dunha nena da Costa da Morte que se escapa da escola para ir buscar ao seu pai. Sandra traballa na actualidade na elaboración do guión dunha longametraxe que levará por título “A nadadora”.

Cultura

Publica o teu comentario agora