O V Concurso de Pulpeiras/os celébrase na Coruña no mes de marzo

O V Concurso de Pulpeiras/os celébrase na Coruña no mes de marzo

13 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Fórum Gastronómico da Coruña celebra a quinta edición do Concurso de Pulpeiras/vos que buscará, un ano máis, ás mellores pulpeiras e pulpeiros de Galicia. O concurso está aberto a profesionais galegos especializados na coción e o servizo de polbo e a aqueles que desenvolvan a súa actividade en Galicia. A cita para esta nova edición do Concurso será o próximo 15 de marzo, no auditorio do recinto de ExpoCoru&nti

A organización fixou un máximo de oito participantes, por orde de inscrición, que ha de formalizarse antes do día 26 de febreiro de 2015. Os participantes no concurso deberán preparar o polbo simultaneamente, nun acto aberto ao público.

Integrarán o xurado prestixiosos cociñeiros, gastrónomos e persoas do mundo da cultura de Galicia en xeral e de Coruña en particular. Será o encargado de puntuar criterios como o sabor, a textura e o punto de coción, o aderezo e o corte así como a súa presentación. A pulpeira ou o pulpeiro coa mellor puntuación obterá o primeiro premio, dotado con 1.000 euros. O segundo e terceiro premio están dotados con 400 e 200 euros.

As mellores pulpeiras

Nas catro edicións anteriores do concurso, os gañadores foron:

    2014: María Isaura González (O Carballiño)
    2012: Palmira Acuña (Casa Acuña)
    2010: Carmen Eyo (A Estrada)
    2008: Aurora Varanda (O Carballiño)

O Fórum Gastronómico celebrarase do 15 ao 17 de marzo en ExpoCoruña e contará con grandes profesionais no seu programa oficial. O Fórum tamén se vivirá intensamente na cidade da Coruña a través do Fórum Cidade con numerosas actividades que se darán a coñecer proximamente.

Sociedade