O Val e o Meirás diante do seu xuizo final

O Val e o Meirás diante do seu xuizo final

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Primeira Autonómica de fútbol está que arde. Tanto O Val como o Meirás xogan este xoves partidos que foran suspendidos no seu momento e nos dous casos asemellanse ao xuizo final.

O Val debe puntuar en Cee se quere manter as súas aspiracións ao ascenso. E terceiro con 52 puntos a 4 do segundo, o Galicia de Mugardos. Unha victoria na Costa da Morte poñería a Liga ao roxo vivo. O adestrador do Val Lourido afirma que contan cun equipo coa suficiente potencia para non preocuparse excesivamente dos rivais. Ainda que iso sí, respetan a todos os clubs, sobre todo a aqueles adestradores que non teñen medios nen xogadores.

O Meirás é penúltimo da categoria con 27 puntos. O xoves recibe ao Dumbria e unha victoria é crucial se os de Valdoviño aspiran a escapar dos postos de descenso. O outro representante de Ferrolterra, o Galicia de Mugardos non xoga este xoves pois carece de partidos aprazados. Pero xa fixo os deberes o pasado domingo gañando ao Cambre e practicamente descartandoo na loita polo ascenso. Os mugardeses ademais aproveitaronse da sorpresa da xornada, o empate do Sporting Zas na casa do lider o Mesón do Bento.

Sociedade