O Valedor do Pobo admite a denuncia do colexio Manuel Masdías

O Valedor do Pobo admite a denuncia do colexio Manuel Masdías

26 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Valedor do Pobo, Benigno López González, admitiu a trámite a denuncia presentada pola asociación de país do colexio público Manuel Masdías de Caranza referida á solicitude de profesorado de apoio especializado feita á Consellería de Educación por parte deste centro. A resolución do valedor iniciará agora unha investigación sumaria e informal ante a Consellería de Educación para o esclarecimen

A contestación recibida pola ANPA ó escrito de denuncia que os pais presentaron ante o Valedor do Pobo con data de 9 de novembro dí textualmente: “Unha vez estudado o problema plantexado, admitimos a trámite a queixa, por considerar que atopa, en principio, cobertura constitucional ao abeiro do artigo 27 da Constitución (…) Axiña que nos envíen o correspondente informe poñerémos de novo en contacto con vostedes, dándolles conta da nosa actuación e, a ser posible, da solución do seu problema”.

A asociación de pais do Masdías quere unha vez máis chamar a atención sobre a desidia amosada ata o de agora pola Consellería de Educación pois, como manifestan no comunicado feito público, trá-las diversas moilizacións levadas a cabo para reclamar mestres de apoio este organismo fixo ouvidos sordos ás súas peticións. Cabe salientar que a ANPA desta escola levou a cabo diversos peches no centro, marchas a pé ata a Delegación da Xunta en Ferrol, viaxes á Delegación Territorial de A Coruña e mesmo un peche no concello de Ferrol, sen obter resposta algunha por parte destes organismos.

No seu escrito critican tamén que dende as institucións se faga ver a través dos medios que o alumnado está a perder interese e respeto polo traballo do profesorado mentres “os sectores máis desfavorecidos ven vulnerado o dereito básico a unha educación de pública de calidade”. En opinión da ANPA estas actitudes só poden vincularse cun retroceso social en canto á escolarización de tódolos nenos e nenas, independentemente do seu poder adquisitivo, etnia, relixión ou condicións de saúde física ou mental.

Sociedade