O Veleiro Laión participa na IX Regata Infanta Elena de A coruña

O Veleiro Laión participa na IX Regata Infanta Elena de A coruña

26 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O veleiro Laion da Asociación de Persoas con Discapacidade participará na IX Regata S.A.R. Infanta Elena de A Coruña. Un grupo formado por 6 usuarios/as e 3 monitores do Programa de Vacacións de COGAMI, embarcarán, mañá ás catro, dende o pantalán situado fronte ao  edificio principal do Náutico Vello. Continúa así a aventura náutica estival do Proxecto Galicia Vela Adaptada (GAVEA), despois de navegar polas r&iac

No grupo irá unha persoa en cadeira de rodas polo que o patrón do barco accionará o guindastre que ten o veleiro para que ninguén quede sen gozar da experiencia. O sábado haberá dúas travesías, ás 11 da mañá na que van participar tamén outro dos grupos do Programa de Vacacións de COGAMI. A segunda das viaxes arrinca ás catro da tarde e nela participarán usuarios/as de COGAMI de A Coruña. O Laion zarpará, o domingo 29 de agosto ás dez da mañá e ás catro da tarde con dous grupos de usuarios e usuarias de Alcer-Coruña, da Asociación para a loita contra as enfermidades do ril.
 
O veleiro Laion ten unha capacidade máxima para 9 pasaxeiros/as: 2 tripulantes, arredor de 5 participantes con algunha discapacidade e 2 persoas voluntarias que acompañarán aos participantes.

A embarcación conta cunha serie de adaptacións para facer practicable a navegación. Un guindastre instalado na botavara para embarcar e desembarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación, electrónica e demais dispositivos,  atópanse centralizados na bañeira do barco, que conta ademais cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador, permitindo así que calquera persoa con discapacidade poida gobernar o barco.

Sociedade