ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A parroquia de Barallobre resultou especialmente danada esta noite a causa das fortes rafagas de vento. Bombeiros e protección civil víronse na obriga de actuar pasadas as doce da noite.
O teléfono de Protección Civil de Fene soaba á unha menos vinte da madrugada. Un cable e unha farola caían na rúa Pablo Ares Feal en Barallobre. Trátase da estrada que leva ao colexio e ao campo de fútbol de O Ramo. Alí se deron cita os bombeiros, Preotección Civil de Fene e un equipo de electricistas aportados polo concello de Fene para amañar o desaguisado. O panorama noutros lugares de Fene, aínda que non tan graves, deixaron unha estampa inusual con caída de ramas e árbores que houbo que retirar na zona de Lubián e na estrada que une Vilar do Colo con Limodre. Protección Civil permanece sempre de garda e recomenda chamar ao 112 cando teñamos que avisar dalgún problema producido polo vento que, segundo anuncian, seguirá soprando forte nesta xornada.
(Imaxe do Monumento ao Camiñante, preto de onde caeu a farola)
Publica o teu comentario agora