O verán xa chegou

O verán xa chegou

21 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Vostedes son libres de crer o que queiran, pero o verán chegou. Non é que o diga eu. Dio o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago, que fixou exactamente nas 7 e 4 minutos da mañá o comezo da nova estación. O verán, se é que existe e non é unha quimera, estenderase ate as once menos cuarto da noite do día 22 de setembro e durará unha xornada máis que esa primavera invernal, a peor en 30 anos, da que nos qu

Mais dirán vostedes: “A min, déixateme de lerias e dime se teremos verán ou non”. Pois sostén a Axencia Estatal de Meteoroloxía que si, que o haberá e comezará contra o luns, cando subirán as temperaturas e o ceo estará máis despexado. Di a AEMET que teremos un “verán normal” para Galicia, e a partir de aí que cadaquén interprete o que queira. Pero xa lles digo eu que iso vén dicir que irá unha temperatura agradable polo norte do país, algo máis calorosa polo sur, non faltarán as néboas e, como non, algún día ha chover. Por iso de non perdermos o hábito.

A sorte está botada e, dende logo, aínda son moi libres de ir esta próxima noite de San Xoán a saltar as cacharelas co paraugas na man e pasar a nova estación do ano co chuvasqueiro ao carón do traxe de baño.

Sociedade