O VI Redondela en Curto estrea en Galicia “Estigmas”

O VI Redondela en Curto estrea en Galicia “Estigmas”

22 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A VI edición do Festival de Curtametraxes “Redondela en Curto” inaugúrase ás nove desta noite no Auditorio Multiusos da Xunqueira. Os encargados de dar comezo ao evento son os actores Xabier Deive e Fernando Morán que actualmente participan na serie Matalobos da TVG. Ao escenario tamén subirá o grupo

No Redondela en Curto haberá tamén novidades. Este ano a organización creou un novo apartado baixo o nome de “Sección Alternativa”. Realizarase mañá venres a partir das doce da madrugada no Bar Disco Tasca da vila pontevedresa e constará da proxección de oito curtametraxes que están fóra de concurso, pero que chaman a atención polas súas peculiaridades.

No acto de clausura do festival entregaranse os premios do xurado e do público. Será o domingo ás nove da noite e novamente subirán ao escenario do Multiusos Beatus Ille.

A entrada á proxección das curtas a concurso e da longametraxe custará 2 euros.

Cultura