O vindeiro venres será o día elixido para a adxudicación de Barracas para San Ramón

O vindeiro venres será o día elixido para a adxudicación de Barracas para San Ramón

31 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A subasta e adxudicación de espazos  para a instalación de postos comerciais e barracas de atraccións para as festas de San Ramón e Santa María xa teñen data e hora. Será o vindeiro venres 7 de agosto, ás 11.00 horas no salón de plenos do Concello, cando se proceda á concesión desta actividade, segundo informou a concellería de Feiras, Mercados e Comercio de Vilalba.

Así todos os propietarios de atraccións deberán acudir, acompañados dunha fotocopia do DNI, ese día a esa hora para poder acceder a situar o seu posto durante as devanditas festas. Para aqueles que queiran solicitar mais información poden chamar ao teléfono 627 415 250.

Sociedade