O Voluntariado Verde do Concello de Ordes analiza as características do río Cabrón

O Voluntariado Verde do Concello de Ordes analiza as características do río Cabrón

30 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Unha ducia de voluntarios do programa Voluntariado Verde, que promove por segundo ano consecutivo o Concello de Ordes, deron comenzo esta mañá ás súas actividades. Nesta ocasión os voluntarios ordenses recibiron unha charla por parte dun representante da asociación ecoloxista Adega, quen explicou aos participantes cuestións relativas ao “Proxecto Ríos”, que leva a cabo dita asociación, e que ten como obxectivo a preservación d

Tras a charla os voluntarios e o monitor dirixíronse ata o paseo fluvial ordense, onde realizaron a primeira das súas prácticas ao facer un estudio físico- químico do río Cabrón, onde o representante de Adega deu as directrices para próximas actuacións dos voluntarios. 

Desta maneira os voluntarios ordenses daban o pistoletazo de saída á primeira das súas actividades como grupo. Unhas actividades que, tal e como se explicara no seu día na presentación do programa, irán dirixidas a traballar en catro áreas. Unha delas será a defensa dos ríos, outra será a vixiancia e a prevención dos lumes colaborando tamén na recuperación dos bosques afectados a través de novas plantacións, tamén se realizará un programa de seguemento ambiental para dar a coñecer a fauna e a flora ordense, e por último, a través deste programa de Voluntariado Verde 2010, tamén se desenvolverán diferentes actividades na natureza e sendeirismo. 

Aínda que as actividades como grupo de voluntarios deron comenzo hoxe, o programa de Voluntariado Verde 2010 do Concello de Ordes xa realizou outro tipo de iniciativas complementarias ás realizadas na edición do ano pasado, dando continuidade a un plan de seguemento ambiental de aniñamento de aves insectívoras nas caixas niño que foran colocadas coa colaboración da empresa Internaco durante 2009. 

Para a coordinación do Voluntariado Verde 2010, o Concello de Ordes conta co traballo dunha becaria durante seis meses, beca que corre a cargo da Obra Social de Caixanova. No programa participan, nesta edición de 2010,  un total de 17 mozos e mozas ordenses.

Sociedade