O voto emigrante xa non decidirá alcaldías ou deputados

O voto emigrante xa non decidirá alcaldías ou deputados

26 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os emigrantes non poderán votar nas eleccións autonómicas e municipais se prospera o acordo acadado por PSOE e PP xunto coas forzas nacionalistas no Congreso e que modificaría o actual sistema do sufraxio para o Censo Electoral de Residentes Ausentes. A maioría das forzas no hemiciclo coincidiron en que urxe fornecer de maiores garantías o voto da emigración, que de agora en diante estaría representada no Senado mediante unha demarcación exclusi

O cambio no modelo do voto emigrante debe ser sometido a votación na subcomisión para a modificación do réxime electoral xeral, que se celebrará en abril, como primeiro chanzo para permitir a mudanza. Francisco Jorquera profundaba este mediodía nas características do posible novo sistema, que non afectaría aos emigrantes temporais. Os residentes ausentes votarían para escoller representantes no Senado e deberán facelo en urna, aceptándose o voto por correo tan só en casos excepcionais.

Institucional