ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Volveu o xabarín a destrozar o campo do Ramo de Barallobre que xa sufrira as visitas dos porcos bravos hai un ano aproximadamente.
O xabarín entrou e realizou destrozos esta noite no campo do Ramo de Barallobre. A Sociedade Deportiva Barallobre comprobará esta tarde o alcance real dos desperfectos por se fora necesario buscar un campo alternativo para xogar o partido de fútbol da Segunda Galicia do vindeiro domingo. O Barallobre está pendente dunhas obras de reforzo no peche do campo. O concello comprometeuse a elaborar unha memoria técnica, tanto do peche como dos vestiarios, que lle facilitarían ao club acceder ás subvencións que existen para eses conceptos. O porco bravo xa ten realizado incursións noutras ocasións no campo de fútbol da ribeira do Ramo. Desta vez os destrozos non son moi graves pero cabe a posibilidade de que repitan.
Publica o teu comentario agora