O xadrez volta ás aulas de Ferrol

O xadrez volta ás aulas de Ferrol

30 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e o Presidente do Círculo Ferrolán de Xadrez, Juan Rodríguez Rey,  asinaron esta mañá o convenio para a posta en marcha do progama educativo “Xadrez nas escola” para o curso 2009-2010. O programa vai dirixido aos nenos e nenas de segundo curso de educación infantil e de educación primaria de tódolos centros de ensino, públicos ou privados, da cidade. O Concello de Ferrol inviste nesta ac

Un total de catro monitores son os encargados de impartir estas actividades educativas nas escolas, todos eles profisionais da psicoloxía ou a pedagoxía que son amáis monitores de xadrez. O programa de “Xadrez na Escola”  funciona a dous niveis: como actividade curricular e como disciplina extraescolar.

No primeiro os casos son os propios centros educativos os que deciden o reparto do tempo de esta actividade fixado en 30 minutos semanais. Nas clases realízanse todo tipo de xogos intelixentes, máis que formación xedrecística en senso deportivo, posto que o obxectivo primordial e o desenrolo da capacidade mental en idades tempranas. Como actividade extraescolar  as ensinanzas entran xa máis de cheo no xadrez como deporte e orientado á competición. No pasado ano máis de 1.200 alumnos participaron nestas actividades de xadrez nas escolas de Ferrol.

O Concello de Ferrol é un dos poucos de toda España que está a desenvolver este proxecto educativo de estimulación precoz dende hai case dez anos. Vicente Irisarri manifestou ó respecto que “o xadrez é una ferramenta educativa de grande valor” polo que pese aos recortes orzamentarios causados pola crise o concello seguirá mantendo esta actividade nas escolas da cidade.

O presidente do Círculo de Xadrez, Juan Rodríguez, manifestou pola súa banda o desexo de que esta actividade educativa, sexa asumida nun futuro pola administración, xa que os resultados obtidos ó longo de todos estes anos reflícten a enorme importancia que estas actividades teñen no desenrolo intelectual dos escolares.

Institucional