O xogador de cristal

O xogador de cristal
19 de Febreiro, 2020 - 12:25 h. | Publicada por Radio Fene

Ousman Dembelé e as súas lesións. Un xogador de elite, é a disculpa no espazo Vilanova para falar do coidado de xogadores deste nivel.

ESCOITA O PODCAST:

Dixo o doutor González: " Dembelé é un xogador de cristal. Para triunfar hai que levar unha vida ordenada" O médico analiza a nova lesión de Dembele, que aínda que din que é a novena, poderían ser xa once. Ademais, fala da importancia que ten para un deportista de elite durmir oito horas diarias e, en definitiva, levar unha vida ordenada. A noticia reabre o debate acerca da importancia dos hábitos de autocuidado dos deportistas de alto rendemento. "Non so deben coidarse por eles mesmos, tamén porque hai detrás moita xente e moito diñeiro en xogo", afirma José Barcia.

Hoxe en Vilanova, José Barcia pregúntase qué repercusións temos que valorar á parte da saúde física do xogador en cuestión ou se podemos aproveitar e aplicaresta información na nosa vida cotiá aínda que non sexamos deportistas profesionais. O noso psicólogo e licenciado en Ciencias do Deporte danos recomendacións para mellorar a saúde de quen nos presta atención.

Deportes

Publica o teu comentario agora