O xoves póñense á venda as entradas para o concerto de Serrat

O xoves póñense á venda as entradas para o concerto de Serrat

22 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O vindeiro xoves póñense á venda as entradas para o concerto que Joan Manuel Serrat ofrecerá no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o 2 de maio. O cantautor catalán presentará o seu disco de homenaxe a Miguel Hernández. As entradas venderánse en www.caixagalicia.es e no 902 43 44 43.

Joan Manuel Serrat sacou o seu último traballo "Hijo de la luz y de la sombra" o pasado 23 de febreiro. Na primeira semana xa se colocou como disco máis vendido en España e Argentina. Segundo informan desde a clínica Quirón de Barcelona, na que o cantante fora intervido o pasado 11 de Marzo de 2010, Joan Manuel Serrat foi dado de alta tras a súa favorable e rápida recuperación postquirúrgica, que segundo os médicos foi excelente.

 Agora deberá estar tres ou catro semanas de recuperación até poder retomar as súas actividades normais, entre as que destaca o comezo da súa xira Hijo de la luz y de la sombra na cidade de Elxe, que nun principio estaba previsto para o día 27 de este mesmo mes, e que pola situación do artista sufriu un certo atraso, ainda pendente de concreción.

Sociedade