A obesidade e o coronavirus

O Reino Unido vacina a este grupo antes que a outros
02 de Decembro, 2020 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

A obesidade da máis complicacións ás persoas que se contaxian de coronavirus. No Reino Unido tense en conta este problema de saúde á hora de ordenar a impartición da vacina á poboación.

ESCOITA O PODCAST:

O Reino Unido prepárase para aplicar a vacina do coronavirusde maneira inminente. Xa hai datas e orde de vacinación. Está confirmado xa que as persoas obesas recibirán a vacina antes que ls maiores de 60 anos sanos. As personas que teñan un Índice de Masa Corporal superior a 60, e teñan entre 18 e 65 años, serán prioritarios. Os expertos en saúde do Reino Unido consideran que a obesidade é un dos principais factores de risco polo coronavirus. De feito, ser obeso duplica o risco de morrer polo virus. Segundo o psicólogo e licenciado en Ciencias do Deporte, José Barcia, está demostrado que a obesidade está relacionada con complicacións do coronavirus, a causa das masas grasas, a resposta dun sistema autoinmune debilitado e problemas respiratorios. O confinamento influíu negativamente nesta casuística porque a inactividade, comer máis por aburrimento ao estar na casa e mesmo problemas de ansiedade, acrecentaron o problema.

Afirma Barcia que a OMS recomenda, desde hai unha semana, máis actividade física porque as cifras de obseidade son alarmantes. En liñas xerais, os maiores de 18 anos deben practicar unha actividade física moderadade 150 a 300 minutos semanais. Para os nenos e nenas recomenda 60 minutos diarios. As consecuencias notarémolas a medio prazo. Para cumplir con estas recomendacións, declara Barcia, hai que mentalizarse sobre as bondades do exercicio físico porque a maioría das persoas afróntano como un sacrificio enorme, como algo que nunca nos apetece.

 

No Reino Unido a orde de vacinación xa está decidida desta maneira: Os primeiros serán os residentes e traballadores de residencias; logo os maiores de 80 e trabajadores sanitarios e sociales; despois os maiores de 75; os maiores de 70 e os individuos clínicamente vulnerables; Tocaralles o turno despois aos maiores de 65; despois os adultos de entre 18 e 65 que pertenezan a un grupo de risco (aquí entran enfermos respiratorios crónicos, diabéticos, obesos, os inmunodeprimidos, as personas con enfermedades cardiovasculares, etcétera...); tras eles, os maiores de 60; despois os maiores de 55; os maiores de 50;  e así sucesivamente. Unha orde que podería servir de exemplo a outros países da Unión Europea, entre eles España.

Sociedade

Publica o teu comentario agora