ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O último traballo do director e produtor ferrolán Rubén Coca foi seleccionado para formar parte dunha mostra internacional de curtametraxes cinematográficas no Museo Reina Sofía de Madrid, dentro dos ciclos MuseoCinema 2014. "A nena que tiña unha soa orella" , unha curtametraxe rodada en Ferrol e Narón, baseada nun conto de Lucía Etxebarría, con ilustracións de Víctor Coyote. Con máis de dez premios internaci
Rubén Coca (Ferrol, 1977) Desde 2010 é xerente da Sala Super 8 de Ferrol. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Director, guionista e produtor en diferentes medios e formatos: curtametraxes, realizador de videoclips e publicidade. Con "A nena que tiña unha soa orella" recibíu o Premio Mestre Mateo 2008, da Academia Galega do Audiovisual, á Mellor Curtametraxe de Ficción. Rubén Coca é director creativo de mercadotecnia e publicidade, guionista en TVE, realizador para CANLE 9, director e editor da revista de arquitectura e cinema POSTBOKS, etc.
Museocinema
O Museo Reina Sofía presenta dous novos programas pedagóxicos enfocados a nenos e adolescentes para os meses de febreiro e marzo de 2014. En concreto son: Museocinema, un ciclo de animación orientado a nenos a partir de sete anos; e Flashback ao presente, taller dirixido a mozos de entre 13 e 18 anos relacionado coa exposición Formas biográficas.
Por unha banda inicia unha nova edición do ciclo Museocinema, titulado "Sen que ti o saibas". Aprender en calquera momento, en calquera lugar. Este programa componse dunha selección de curtametraxes, dirixidos a nenos e adultos, nos que a linguaxe da animación ou do documental, se utilizou para ofrecer ao espectador diversas miradas ao redor da educación como proceso, como reto e como debate.
A través de catro bloques diferentes, o ciclo que aquí se presenta busca a aprendizaxe como un proceso de crecemento contínuo. Unha concepción da adquisición de coñecemento, en definitiva, que recupere o máis posible a ilusión dese neno pequeno aberto ao mundo en todas as súas dimensións.
As curtametraxes achégannos a historias que falan desa aprendizaxe a través do conflito, a dúbida, o xogo, a dor, o soño, a incomprensión, a creatividade, o medo, a loita, a superación, e moitas outras situacións. A maior parte dos traballos están protagonizados por nenos, buscando con iso un proceso de identificación directa que favoreza a súa capacidade reflexiva ao redor dos cuestionamientos que cada peza propón.