As obras da construción do parque empresarial de Pacios-Baamonde comezarán en verán, unha vez rematado o proceso de expropiación en abril

As obras da construción do parque empresarial de Pacios-Baamonde comezarán en verán, unha vez rematado o proceso de expropiación en abril

08 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As obras de urbanización do parque empresarial de Pacios-Baamonde xa teñen punto de partida. A pesar de que non hai unha data definida para o seu comezo, si hai unha previsión oficial para a súa posta en marcha. Será a partir do verán do 2010 cando dean comezo as tarefas de acondicionamento desta infraestrutura chairega, despois de que se publicasen no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 5 de febreiro as datas para o pago e o levantamento de actas de ocupaci&o

Segundo a resolución do DOG, as actas de pagamento e ocupación asinaranse entre o 8 e o 23 de abril próximos, a partir das nove e media da mañá, na Casa da Cultura de Begonte.

Este será o primeiro paso, xa que unha vez rematada a expropiación dos terreos necesarios para a actuación, as obras iniciaranse no menor tempo posible, posto que as mesmas están adxudicadas á UTE Aldesa-Atlantica Construccións-Antalsis por un importe de 14.817.269,04 de euros.


O de Pacios-Baamonde é un dos parques empresariais onde, segundo a actual consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas, se adxudicaron as obras de urbanización sen dispoñer dos terreos necesarios para o emprazamento do parque empresarial. Desde o departamento dirixido por Agustín Hernández se informou de que as obras foron adxudicadas polo Consello de Administración de Xestur Lugo en novembro de 2008, mentres que o expediente de expropiación non quedou aprobado definitivamente ata agosto de 2009.

O futuro parque empresarial de Pacios-Baamonde ocupará unha superficie total de 1.062.151 metros cadrados, dos que 681.871 serán de uso industrial, divididos nun total de 58 parcelas. O parque contará con 147.890 metros cadrados de espazos libres e zonas verdes, 55.561 metros cadrados de infraestruturas e servizos, 43.433 metros cadrados de equipamento social e deportivo e 133.396 metros cadrados destinados a viarios e aparcamentos.

O investimento total previsto para o desenvolvemento desta infraestrutura superará os 27,5 millóns de euros, dos que 14.817.269,04 euros se destinarán á urbanización do mesmo

Sociedade