Obras no camiño de Coruxo en Barbeiros

Obras no camiño de Coruxo en Barbeiros

18 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes levará a cabo unhas serie de obras na infraestrutura rural do municipio a través dun convenio asinado coa Consellería do Medio Rural da Xunta, enmarcado dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural), tal e como confirmaron ao Concello dende a citada consellería no día de onte. A través deste convenio levaranse a cabo as obras de infraestrutura rural referentes ao camiño de Coruxo na parroquia de Barbe

As obras teñen un importe aproximado de 90.000 euros que asumirán con cargo aos seus orzamentos a Consellería de Medio Rural. Tralas mesmas o mantemento e conservación dos camiños correrá a cargo do Concello.

Dende o goberno local explicaron que se insistirá á Xunta para que as obras se realicen o antes posible, aproveitando o bo tempo e tendo en conta todo o tempo que se leva esperando por elas, sendo solicitadas xa por parte do Concello en varias ocasións.

O edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Jesús Pedreira explicou que con estas obras preténdese “dinamizar a base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuir a fixar poboación, tendo en conta ademais a importancia das explotacións agrogandeiras no noso municipio”.

Sociedade