Obras no peirao

Solventáronse no peirao de Barallobre os anegamentos provocados pola instación da EDAR
18 de Febreiro, 2019 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

Solventadas as inundacións da zona baixa da Ribeiroa, no peirao de Barallobre. Os traballos contaron cun orzamento de 9.000 euros e consistiron na renovación das canalizacións do río nun tramo de 10 metros, coincidente co treito final.

Conclúen as obras para poñer fin ás inundacións no peirao de Barallobre. Os traballos, cun orzamento de 9.000 euros, contemplaron a renovación das canalizacións no último tramo do río e a reposición do firme. Os anegamentos afectaban ás vivendas da zona baixa da Ribeiroa. Esas inundacións comezaron coa entrada en funcionamento da EDAR sita no peirao de Barallobre, e sempre coincidían en época de choivas.

Por este motivo, o Concello encargou a Viaqua un informe de situación,do que se detectaba que a saída do río canalizado que discorre pola rúa Ribeiroa se atopaba obstruído debido ao derrubamento da canle de saída do río. Un derrubamento que, amáis de impedir a libre circulación da auga, retiña todos os elementos sólidos que transporta o cauce, o que provocaba un embalsamento da auga dentro do colector. Ese treito de río canalizado está, á súa vez, conectado mediante unha tubería co colector de augas residuais que transporta a auga ata o tanque de tormentas sito na mesma zona. Unha tubería que serve de aliviadoiro ao colector pero que, ao acumular a agua, producía o efecto contrario, colapsando a rede de fecais e provocando desbordamentos polas arquetas dos domicilios. Para darlle solución, o Concello actuou nas últimas semanas nos últimos dez metros do tramo do río dende a súa desembocadura. Treito que coincide co punto de conexión do tubo que serve de aliviadoiro ao colector de fecais que transporta a auga residual ao tanque de tormentas.

Deste xeito, renovouse ese tramo de 10 metros de canalización. Uns traballos que precisaron da demolición e reposición do aglomerado e dun treito das escaleiras de formigón, a excavación de terras e xestión de residuos e a instalación dun sistema de bombeo mediante pozos e tubos provisionais para a modificación do curso do río mantendo a zona de traballo o máis seca posible, así como a planificación dos traballos coas mareas.

Institucional

Publica o teu comentario agora