As obras para a depuradora provocan protestas en Fene

As obras para a depuradora provocan protestas en Fene

20 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene encabeza as queixas veciñais contra a calidade do traballo nas obras da EDAR ao seu paso por este municipio. Uns traballos que están deixando en mal estado a estrada da Palma ao seu paso por Barallobre e Maniños.O Alcalde transmitiu as queixas á Xunta de Galicia e demandóu á Diputación que controle o traballo.

Estes traballos forman parte da obra que instalará a EDAR en Ares, e que dará servizo a Fene, Ares e Mugardos.Ao seu paso polo municipio fenés está creando un malestar xeralizado polo estado no que están deixando a calzada despois de instalar a tubería.Iván Puentes dirixiu á Xunta as queixas propias e as vertidas por veciños e veciñas no Concello, coa fin de que o firme retirado para a instalación das tubaxes volte a recuperar o estado no que se atopaba antes da intervención da empresa executora das obras. Do mesmo xeito, o rexedor solicitou a visita de técnicos da Xunta e da Deputación á zona para controlar como se está desenvolvendo este traballo.

 

Por outro lado, o mesmo concello fenés, porá en marcha a vindeira semana un programa de rebacheo de viais en todas as parroquias, contando con que mellore o tempo. Uns traballos que incluirán tamén o pintado de pasos de peóns e prazas de minusválidos. A finais desta semana realizáronse xa labores de limpeza nalgunha das rúas que van ser obxecto do rebacheo e asfaltado. O concello contratou unha empresa que se encargará dos viais que se atopan en peor estado e estima que en quince dias remataran con ese cometido. Nunha segunda etapa serán os operarios do concello os encargados do amaño das estradas que estean en mellor estado .Esta posta a punto nas estradas fenesas vai ser complementada co repintado de pasos de peóns e das prazas de minusválidos, traballo que tamén comezará a partir da vindeira semana.

Sociedade