As obsesións, os conflitos e as diferencias protagonizan o ciclo “Inverno de cine”

As obsesións, os conflitos e as diferencias protagonizan o ciclo “Inverno de cine”

10 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e os cineastas Rubén Coca e Pablo Portero presentaron esta mañá o ciclo “Inverno de Cine". Unha iniciativa do Concello de Ferrol que se retomará este mércores en colaboración coa entidade Axente Cultural. Dirixida por estes cineastas locais, esta actividade aposta por un cine de calidade e alternativo ao que se exhibe nas salas comerciais e celebrarase ata o mes de marzo nos últimos ci

As proxeccións centraranse en tres novas temáticas: as obsesións, os conflictos e as diferencias. Entre os filmes destacan producións como “Amarcord”, de Federico Fellini; “Vals con Bashir”, de Ari Folman, ou “El baile de los vampiros”, de Roman Polanski. Respecto ás curtametraxes programadas no marco deste ciclo, posto en marcha no ano 2008 pola Concellería de Cultura, figuran “As damas negras”, de Sonia Méndez ou “De tripas y corazón”, de Juan Pablo Etcheverry, entre outras. 

As sesións terán lugar todos os mércores ás 20.30 horas e serán gratuítas. Os pases das longametraxes serán en versión orixinal subtitulada, polo que poderán ser vistos polas persoas con discapacidade auditiva. Irán precedidos dunha curtametraxe en galego, obedecendo así á aposta do Concello por potenciar e dar a coñecer os traballos de cineastas galegos que atopan neste ciclo unha oportunidade para exhibir as súas producións nas salas de cine.   

O mes de xaneiro arrincará con tres longametraxes de tres directores que pasaron xa á historia da séptima arte: “Amarcord”, de Federico Fellini (o día 12); “La noche americana”, de Francoise Truffaut (o día 19) e “Vértigo”, de Alfred Hitchcok (o día 26). Todos eles teñen unha temática común: as obsesións. Respecto ás curtametraxes, poderanse ver nos Cines Dúplex “Instalacións”, de José Díaz; “Sobre a morte do Bieito”, de Xudith Casas e “Marco”, de Abelardo Rendo. 

No mes de febreiro o ciclo, que se celebrará baixo o epígrafe de “Conflitos”, incluirá catro filmes: “El odio”, de Mathieu Kasowitz; “Vals con Bashir”, de Ari Folman; “Ciudad de Dios”, de F. Meirelles, e “Tron”, de Steven Lisberger. No tocante ás curtametraxes, os Cines Dúplex proxectarán “Entrevías”, de Edu Lavandeira; “As damas negras”, de Sonia Méndez; “Momentos captados dunha realidade xa inexistente”, de Pablo Cacheda; e “De tripas y corazón”, de Juan Pablo Etxheverry. 

Finalmente, o mes de marzo presentarase co nome de “Diferentes” e contempla cinco novas longametraxes. A primeira delas será “Carrie”, de Brian de Palma; “Mi idaho privado”, de Gus Van Sant; “El baile de los vampiros”, de Roman Polanski; “I'm a cyborg”, de Park Chan Woo; e “Man on wire”, de James Marsh. As curtametraxes que se proxectarán serán “Alma esquecida”, de Clara García Nieto; “O cerco”, de Martiño Vázquez; “Da man da raíña vermella”, de Omar Rabuñal e Miguel Corujo; “Gústame o café”, de Marisa Otero; e “Esperar- Esperanza”, de David Hernández.

Cultura