Obxectivo: recuperar e memoria da Unión Mugardesa

Obxectivo: recuperar e memoria da Unión Mugardesa

26 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 2010 será o ano do centenario da antiga escola Unión Mugardesa. Por este motivo, no Concello de Mugardos bota a andar estes días unha Comisión formada por veciños e representantes do Concello para ir deseñando o programa e actividades do aniversario que se celebrará o vindeiro 2 de outubro.

A idea de celebrar o centenario da Unión Mugardesa xordiu a partir dun artigo, publicado polo cantautor mugardés Xoán Rubia, no que se facía referencia ao aniversario da escola.

Segundo explicou a Radiofusión o concelleiro de Cultura e Deportes da vila, José Antonio Bouza Rei, a construcción -a comezos do século pasado- da Unión Mugardesa significou un fito moi importante dentro da historia local. Foi o resultado dun proxecto comunitario, impulsado dende a emigración, que proporcionou un recurso fundamental para poder educar aos nenos e nenas daquela época.
 
Cen anos despois, un grupo de veciños e veciñas de Mugardos (entre os que se atopan o propio Xoán Rubia, as directoras do Instituto e do CEIP Unión Mugardesa, profesores e historiadores locais e o edil de Cultura, como representante do Concello) inician estes días o traballo de preparación do aniversario do centro. Todavía non hai propostas concretas pero sí unha primeira tarefa en marcha: a recollida entre os veciños e veciñas de fotografías, documentos e obxectos relacionados coa Unión Mugardesa.

Sociedade